RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Marchena: O equipo está ben, pero temos moita marxe de mellora

Carlos Marchena compareció en rolda de prensa esta mañana no Mundo do Fútbol. "O equipo está ben, pero temos moita marxe de mellora", asegura.

O campión do mundo cre que o seu gol de chilena onte ante o Real Madrid Castela foi "quizais o máis espectacular da miña carreira". Explicou a súa dedicatoria do tanto, "aos fisioterapeutas e recuperadores que me axudaron e axúdanme moito; e a Manuel, un mozo de Xaén que ía para futbolista e que unha enfermidade truncou a súa carreira".