RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Marchena presenta unha lesión muscular de grao 1 na súa cadeira dereita

Carlos Marchena foi sometido hoxe a unha resonancia magnética para coñecer o alcance exacto das súas molestias na musculatura da cadeira dereita.

Os Servizos Médicos do Deportivo diagnosticáronlle unha lesión muscular de grao 1 no obturador externo da cadeira dereita.

Nos próximos días, o futbolista aumentará progresivamente a intensidade do seu adestramento segundo a súa evolución.