RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

María Isabel "Misa", cuarta fichaxe do Dépor ABANCA 2019-2020

María Isabel Rodríguez Rivero "Misa" (Las Palmas de Gran Canaria, 22 de xullo de 1999) converteuse hoxe na cuarta fichaxe do Dépor ABANCA para o debut na liga Iberdrola. A porteira chega libre procedente do Atlético de Madrid por unha temporada.

Misa empezou xogando fútbol no Club Yoñé da Garita como dianteira antes de pasarse á portería do Femarguín, equipo ante o que o Dépor conseguiu o ascenso de categoría. Misa fichou polo Atlético de Madrid en febreiro de 2017 debutando co primeiro equipo o 25 de novembro de 2018 nos oitavos de final da Copa da Raíña ante o Málaga. O 23 de febreiro deste ano debutou en Liga Iberdrola no descanso do encontro que gañaron as branquivermellas por 6 a 1 á Fundación Albacete.

Coa selección española, Misa proclamouse campioa do Europeo Sub-19 e formou parte da selección Sub-20 para disputar o Mundial de Francia de 2018, onde España acabou como subcampioa.