RCD / NOVAS

María Méndez foi titular no triunfo de España sub-19 onte ante Italia

02/09/2019 11:30

- Foto: @SeFutbolFem -

A xogadora do Deportivo ABANCA María Méndez foi convocada pola selección española sub-19 para dous partidos amigables ante Italia.

O primeiro deles foi onte domingo 1 de setembro. O triunfo foi hispano (2-1), con María Méndez no once inicial. A futbolista branquiazul xogou todo o encontro.

Mañá martes 3 de setembro (10:30 horas) ambas as seleccións volveranse a ver as caras nun choque que servirá de punto e final a esta concentración.

Ambos os encontros teñen como escenario as instalacións do Pinatar Arena Football en San Pedro de Pinatar (Murcia).

María Méndez, xunto a Teresa Abelleira e Athenea, acaba de disputar con España o último campionato de Europa en Escocia, no que as españolas caeron en semifinais ante Francia.