RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

María Méndez xogou completo o encontro de España sub-20 ante Rusia

- Foto: @SeFutbolFem -

As xogadoras do Deportivo ABANCA Teresa Abelleira, María Méndez, Kika, Gaby e Michelle Romero están concentradas coas súas respectivas seleccións nacionais.

Triunfo de España sub-20 ante Rusia, con María Méndez no once

Teresa Abelleira e María Méndez iniciaron o pasado mércores 4 de marzo coa selección española sub-20 unha serie de partidos amigables, ademais dun torneo '3 en 1' en categoría sub-19. Todos eles son na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

España impúxose hoxe venres (1-0) no segundo partido ante Rusia, no Pinatar Arena Football Center.

María Méndez xogou todo o partido, ao revés que Teresa Abelleira, hoxe sen minutos. O choque decidiuno a favor das españolas un tanto de Nerea Nevado no minuto 15.

No primeiro dos partidos, celebrado o pasado mércores, Teresa Abelleira foi titular e foi relevada no minuto 63 por Silvia Rubio. María Méndez substituíu no descanso a Nerea Eizaguirre. Gañou Rusia (0-1), que anotou de penalti ao cuarto de hora de partido.

Este domingo, España sub-19 afronta un torneo baixo a modalidade de '3 en 1', con Escocia e Bélxica como rivais.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Selección sub-20
Mércores 4 de marzo
ESPAÑA 0 - RUSIA 1
Venres 6 de marzo
ESPAÑA 1 - RUSIA 0

Selección sub-19
Domingo 8 de marzo
Torneo 3 en 1
11:00: ESPAÑA - ESCOCIA
19:00: ESPAÑA - BÉLXICA

Kika, Gaby e Michelle Romero foron titulares onte con Venezuela

A Federación Venezolana anulou a concentración que a selección feminina tiña prevista en Turquía.

Así pois, as deportivistas Kika, Gaby e Michelle Romero, xunto ao resto do equipo, permanecen concentradas en Italia, no Hotel Mancini Park de Roma, ao mando da Directora Técnica Pamela Conti.

Onte xoves 5 de marzo, Venezuela disputou un amigable ante o SSC Napoli.

As 3 xogadoras branquiazuis foron titulares nun encontro que acabou con triunfo da 'Vinotinto' por 2-0, con goles de 2 futbolistas que compiten na Primera Iberdrola: Deyna Castellanos e Oriana Altuve.

Michelle Romero e Kika xogaron todo o partido; mentres que Gaby foi relevada por Yusmery Ascanio no minuto 63.