RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Marino de Mera ou Laracha, primeiro rival do Fabril na Copa Deputación

O Fabril, que regresou aos adestramentos o pasado martes 11 de xullo en Abegondo, ten confirmada a rolda de dezaseisavos de final da Copa Deputación, segundo o sorteo celebrado esta mañá.

O rival fabrilista o 2 de agosto será o vencedor da eliminatoria entre o Marino de Mera e o Laracha, que se xoga o 30 de xullo.

Nesta competición, as roldas son a partido único e xogaranse no campo do equipo de inferior categoría. Por conseguinte, o Fabril arrancará a Copa Deputación en Mera ou Laracha.

O prato forte da pretemporada para o filial será o 8 de agosto ás 20:00 horas. O Estadio ABANCA-RIAZOR acollerá o Trofeo Manolo Martín, que neste 2017 chega á súa XXXIV edición. Os equipos convidados pola organización son o Fabril e o Real Madrid Castilla.

A recadación do partido será destinada pola organización para a restauración do Santuario da Virxe da Barca de Muxía, que sufriu un incendio que o calcinou totalmente e que se atopa en vías da recuperación final.

O calendario de partidos de preparación xa confirmado é o seguinte:

25 de xullo: Laracha - Fabril (Municipal, Laracha)
30 de xullo, 19:00 horas: SD Compostela - Fabril (campo da Silveira, Camporrapado, Boqueixón)
2 de agosto: Marino de Mera ou Laracha - Fabril, nos dezaseisavos de final da Copa Deputación da Coruña
8 de agosto, 18:30 horas: Fabril - Real Madrid Castilla (Estadio ABANCA-RIAZOR)

Cristóbal Parralo conta con estes futbolistas esta pretemporada: Queijeiro, Borja Galán, Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Lucas, Diego Caballo, Gaizka Martínez, Carlos López, Martín Bengoa, Uxío, Jardel, Raúl González, One, Romay, Chema, Aarón, Pedro, Adrián e Luismi.

Subiron ao equipo filial procedente dos xuvenís: Sito e Iago Novo.

Tamén realizan a pretemporada co segundo equipo os xuvenís Ricardo Benjamim, Alberto Sánchez, Mujaid, Gandoy, Ortuño, Joel, Carracedo e Porrúa.

Cabe lembrar que Óscar Pinchi, Edu Expósito e Francis están estes días ás ordes de Pepe Mel no primeiro equipo.