RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mario Soriano é partidario de "centrarnos en nós porque todo depende de nós mesmos"

Mario Soriano recoñeceu na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que a pasada fin de semana ante o Athletic Club B, "non estivemos todo o cómodos que queriamos con balón. Metemos o gol e o partido estaba para o noso lado. Ao final nun rebote métennos ese gol e ímonos fodidos co empate. Non sei que pasará cos tres puntos pero nós seguimos traballando para esta fin de semana, lograr os tres puntos en ABANCA-RIAZOR".

Explica que en Lezama ao anotar Quiles "estivemos en bloque baixo porque tes un rival enfronte, que é un filial, con moi bos xogadores e tiñan o balón ben, xogaban moi ben. Metéronnos atrás. Cando non estás cómodo con balón, é moi difícil atoparche".

Insiste en que ante os 'cachorros', "o equipo non estivo como sempre, pero para iso estamos a traballar día a día, realizando posesións, partidos e demais para melloralo. Partido a partido seguro que imos conseguir outra vez ter o balón como antes".

Este domingo 17 de abril en ABANCA-RIAZOR ante o DUX Internacional de Madrid (12:00 horas, TVG-2, G24.gal, Footters e Fuchs Sports), Mario Soriano lembra que "en casa nos últimos partidos logramos a vitoria, tivemos un bo xogo. O outro día contra o CF Rayo Majadahonda a primeira parte foi moi boa porque arrancamos moi ben e metemos dous goles. O anterior partido tamén xogamos moi ben e conseguimos os tres puntos. En ABANCA-RIAZOR si que estamos cómodos. #ANOSAFORZA fai moito porque nos está animando desde o minuto 1 e agradecémolo. Iso é o que queremos e o que temos que seguir facendo, ter personalidade para cando teñamos o marcador por diante defendamos co balón e esteamos cómodos. Somos un equipo que sufrimos á hora de defender, pero isto é o fútbol, tamén tes un rival enfronte que son moi bos. Hai que pelexar porque aínda nos queda un camiño para conseguir o obxectivo".

Finalmente, máis que nos inmediatos perseguidores, o atacante branquiazul pide "mirarnos a nós mesmos, non temos que fixarnos no que fan os equipos. Centrarnos en nós porque todo depende de nós mesmos. Sabemos o que queremos cada un e ao final o obxectivo é o mesmo para todos".