RCD / NOVAS

Marlos Moreno incorpórase ao Dépor o xoves 18 de agosto

  Marlos Moreno Durán (Medellín, Colombia, 20 de setembro de 1996), desde onte novo xogador do Real Club Deportivo para a Tempada 2016-2017, ten previsto incorporarse aos adestramentos o xoves 18 de agosto, xusto a víspera do debut ligueiro do Dépor ante o Eibar (venres 19 de agosto ás 22.00 horas en Riazor).

07/08/2016 10:56

O internacional colombiano, que chega ao Dépor cedido unha tempada polo Manchester City, gozará así duns días de descanso tras proclamarse campión da Copa Liberadores co seu anterior equipo, o Atlético Nacional de Colombia, e disputar a Copa América e os partidos clasificatorios da súa selección para o Mundial 2018.
 
Ao chegar, Marlos Moreno terá que pasar un período de readaptación deportiva, paso previo á súa plena incorporación aos adestramentos co grupo.

Máis novas de: MARLOS MORENO