RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Marlos Moreno incorporouse esta mañá aos adestramentos co grupo

Marlos Moreno foi a novidade no adestramento desta mañana do Deportivo, en Abegondo e cunha intensa calor.

O internacional colombiano exercitouse co grupo por primeira vez desde a súa chegada á Coruña, nun paso máis na súa posta a punto.

Na sesión desta mañá, na que tamén participaron os fabrilistas Pol Calvet, Borja Domingo e Hugo Díaz, Gaizka Garitano incidiu na presión e en partidos en espazo reducido, de alta intensidade. O traballo arrincou cun traballo de forza. Raúl Albentosa, de permiso, foi a única ausencia.

Mañá martes, o equipo está citado ás 10.30 en Abegondo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 22 de agosto
10.30: Adestramento en Abegondo

Martes 23 de agosto
10.30: Adestramento en Abegondo
20.30: Compostela - Deportivo, en San Lázaro, no Memorial Antonio Bermúdez

Mércores 24 de agosto
10.30: Adestramento en Abegondo

Xoves 25 de agosto
10.30: Adestramento en Abegondo

Venres 26 de agosto
20.45: Betis - Deportivo, no Estadio Benito Villamarín

Sábado 27 de agosto
10.30 (pendente de confirmación): Adestramento en Abegondo