RCD / NOVAS

Marrocos gaña no primeiro partido da Copa de África

A selección marroquí, na que xogou os 90 minutos o deportivista Nourredine Naybet, impúxose este mediodía a Nixeria por 0 goles a 1 no seu debut na Copa de África. Hadji foi o autor do gol do partido. Marrocos enfrontarase o 31 de xaneiro a Benin e o 4 de febreiro a Sudáfrica para completar esta Primeira Fase.

27/01/2004 18:12

Os cuartos de final son o 7 e o 8 de febreiro; as semifinais, o 11; o terceiro e cuarto posto, o 13 e a final, ao día seguinte, o 14 de febreiro.

Máis novas de: NAYBET

RCD / Noticias Relacionadas

12/08/2004 19:56 |

Naybet, ao Tottenham

Xa é oficial o pase do xogador Nourredine Naybet ao Tottenham inglés unha vez que o xogador, xa en Londres, pechou o seu acordo co conxunto británico e tras concretarse o acordo entre ambos os clubs.

14/04/2004 13:35 |

Convocatorias internacionais

Marrocos convocou ao deportivista Nourredine Naybet para o partido amigable da selección marroquí con Arxentina do próximo 28 de abril. Scolari, pola súa banda, ha preconvocado a Andrade para o amigable que Portugal xogará con Suecia en Coimbra o mesmo 28. A lista definitiva de Portugal sairá o día 22.

26/03/2004 14:49 |

Mauro e Naybet, con problemas físicos, non viaxan

Mauro Silva, cun nocello inflamado a raiz dun golpe sufrido o pasado martes en Milan, e Naybet, tamén con algunha molestia muscular, son as dúas grandes ausencias na lista de convocados para viaxar hoxe pola tarde a San Sebastián. Os 18 futbolistas que afrontarán o choque ante a Real Sociedade mañá sábado ás 19:30 son os seguintes: Molina, Songo´ou, Scaloni, Manuel Pablo, César, Andrade, Romeu, Capdevila, Duscher, Sergio, Víctor, Valerón, Fran, Munitis, Djalminha, Pandiani, Diego Tristán e Luque.