RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Martí cita a todo o seu cadro, incluído o fabrilista Álex Cobo, mañá ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR

O Dépor afronta con todo o seu cadro, ademais do porteiro fabrilista Álex Cobo, o partido de ida da final polo ascenso a LaLiga Santander, mañá xoves 20 de xuño en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Movistar Partidazo) ante o Real Mallorca.

Mañá mesmo ás 12:00 horas, no mesmo escenario do choque, José Luis Martí realizará, a porta pechada, un último adestramento de activación con todos os seus xogadores.

Na sesión de hoxe en Abegondo, cos canteiráns Mujaid, Víctor, Gaizka, Álex Cobo e o xuvenil Alberto, o técnico deportivista, após un quecemento, dispuxo unha tarefa de posesión, un exercicio de remates a portería e, para concluír, un partido no campo 3 cun breve ensaio de accións a balón parado.

Continuaron con adestramento específico Vítor Silva, Krohn-Dehli e Pablo Marí.