RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Martí, "con máxima confianza" no Dépor "despues de ver a estes mozos traballar durante a semana"

José Luis Martí asegurou en rolda de prensa que ten "máxima confianza" no Dépor de cara ao encontro de mañá domingo 21 de abril en ABANCA-RIAZOR ante o Extremadura UD (16:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), "despois de ver a estes mozos traballar durante a semana. Evidentemente imos ter moitas opcións de levarnos os 3 puntos e niso imos traballar".

Quere un equipo "con personalidade e agresividade en todo momento. Non só na faceta defensiva senón na faceta ofensiva. Ser un equipo con moita verticalidade, a buscar a portería contraria, a xerar moitísimas ocasións. E ser un equipo agresivo á hora de finalizar e recuperar".

O técnico deportivista insiste en que "os vexo tan ben adestrando, con tanta confianza, con tanta personalidade, coa ilusión, con alegría, coa necesidade de que chegue o partido, coas ganas imperiosas de volver competir, de volver gañar, de volver demostrarlle á afección que son moi bos futbolistas, estou totalmente confiado en que mañá o equipo vai render ao nivel. Despois, o acerto marcará o devir do resultado. Pero estou convencidísimo que o equipo vai ser un equipo moi valente, moi agresivo e que vai ir a por a vitoria".

Do Extremadura, destaca que é un bloque "moi ordenado. En canto a transicións e en segunda xogada é capaz de xerar moito perigo, con moitísimo perigo a balón parado tamén. É un equipo que confía moito nesa orde, nesas transicións rápidas a través da recuperación".

Pide Martí "ser protagonistas co balón, impedir que sexan capaces de transitar rápido a través desa presión inmediata e recuperar canto antes. Non permitir contras do rival. E, o máis importante, finalizar as xogadas. Vivimos do gol e o gol só conséguese disparando a porta e tentando acabar ese tipo de xogadas".

Finalmente, subliña que mesmo vai "máis aló do partido a partido. É o que lles transmitín desde que cheguei. Só podemos gañar 3 puntos esta semana, que son os puntos do Extremadura. Non vou nin a partido a partido, senón ao día a día para chegar nas mellores condicións. Interpretar todos os adestramentos, para que os facemos e porqué facémolos para chegar ao partido sabendo o que nos podemos atopar e tomar as mellores decisións en cada momento".

Opina que "esta maneira de pensar vainos a dar moita confianza, vainos a marcar un obxectivo prioritario. O obxectivo final, que non nolo quitamos da cabeza, vai pasar polo día a día a día, polo partido a partido".