RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Martí defende o potencial dos seus futbolistas e pídelles "estar liberados e ofrecer a súa mellor versión"

José Luis Martí insistiu unha vez máis esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que os xogadores branquiazuis "teñen un gran potencial. Son moi bos futbolistas. O único que teñen que facer é estar liberados e ofrecer a súa mellor versión".

Por conseguinte, ve aos seus xogadores "preparados" para o choque de mañá domingo 19 de maio no Anxo Carro de Lugo (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), "sabendo que fixeron cousas moi ben, que o equipo está a traballar día a día interpretando cada vez mellor os conceptos. O equipo está confiado nas súas posibilidades, sabendo das dificultades que nos imos a atopar. De aquí a final de temporada, todos os partidos serán treméndamente complicados. Só pensamos en este e nas dificultades que imos ter".

Aclara que a estas alturas da competición, "independentemente da liña ascendente e do nivel de xogo, a nós o que nos interesa verdadeiramente é gañar. A partir de aquí, é moito máis fácil conseguir os triunfos facendo o que fixo o equipo a fin de semana pasada (ante o Cádiz CF) que non xogando a ese nivel. Imos ter opcións de repetir ese nivel de compromiso que deu o equipo fóra de ABANCA-RIAZOR, saber adaptarse ás circunstancias que imos ir vivindo en diferentes partidos. Ao final, o equipo é capaz de adaptarse a esas situacións e conseguir puntos".

Martí asegura que seguirá traballando "en puír cada día aspectos. Pero creo que os xogadores están a interpretar rapidamente o que lles estou transmitindo, o que lles quero inculcar. E aos poucos temos que chegar a ser a mellor versión do Deportivo, non a versión de Martí".

Do CD Lugo, lembra o técnico branquiazul que "tamén ten as súas aspiracións de conseguir os seus obxectivos. Vainos a facer un partido duro, seguramente cunha presión en todo o campo para non permitir que esteamos cómodos. Imos ver que tipo de sistema empregan". Iso si, advirte que "o máis importante é que nós sexamos capaces de ser superiores ao rival".

En canto a Álex Bergantiiños, que esta semana estivo algún día á marxe do grupo, Martí explicou que "adestrou onte e hoxe a pleno rendemento co grupo. Imos esperar a mañá á última sesión, aínda que sexa moi suave. Respondeu moi ben e dá a sensación de que vai poder estar".