RCD / NOVAS

Martí: "Estamos contentos, felices pero quédanos unha final"

15/06/2019 23:21

José Luis Martí subliñou na sala de prensa de La Rosaleda que "estamos contentos, felices pero quédanos unha final".

A nivel persoal, confesa o técnico deportivista estar tamén "contento, feliz, orgulloso. Calquera adxectivo destes poderíase aplicar".

Admite que os xogadores, de cara ao dobre duelo final polo ascenso, "están cansos pero felices. Pero ese momento de ilusión, de alegría, suple calquera circunstancia".

Destaca Martí que "o traballo dos rapaces foi fenomenal. Volveron traballar moi ben as liñas de 4, estando moi xuntos, con moitas axudas e permitindo saídas en ataque".

Conclúe que "calquera dos dous puido pasar, dado o igualada que foi a eliminatoria. Ao final foi o Dépor o que tivo máis acerto".

Máis novas de: MARTÍ