RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Martí: "Os meus xogadores van empregarse ao 120 % en cada acción, en cada momento do partido"

José Luis Martí reiterou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o triunfo no último minuto do pasado luns en ABANCA-RIAZOR ante o Mallorca "xa é pasado, xa non entra dentro dos nosos plans"; á vez que advertiu que o Dépor vaise a enfrontar mañá domingo 2 de xuño (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV) no Estadio Martínez Valero de Elxe a un rival "moi difícil de bater. É un equipo que combina moi ben, que nos vai a pór as cousas moi difíciles. Debemos de tentar sobrepornos ás adversidades e ser superiores ao rival".

Subliña que esta semana "tentei transmitirlles que iso (en referencia ao partido ante o Mallorca) é pasado. Non serve para o Elche, non vai xogar a favor de nós. O que vai xogar é o que fagamos no terreo de xogo durante os 95 minutos. Eses 3 puntos (do Mallorca) están sumados, non van volver. Necesitamos os 3 puntos seguintes que se xogan mañá domingo".

Ademais, lembra que os futbolistas ilicitanos, a pesar de que non se xogan nada, "son profesionais. Van demostrar que queren quedar o máis arriba posible. Nós temos que demostrar o que nos estamos xogando e que xa me demostraron o xogadores día a día nos adestramentos".

Asegura nesta liña que "os meus xogadores van empregarse ao 120 % en cada acción, en cada momento do partido, sabendo que durante os 95 minutos teñen que dar o máximo do que teñen, tentar realizar o mellor fútbol posible, tentar finalizar as xogadas, tentar facer gol e tentar levar o partido. Iso téñoo clarísimo".

Desexa José Luis Martí mañá domingo "ser capaces de ir por diante no marcador e saber manexar o encontro".

Preguntado polo regreso esta mañá aos adestramentos de Iñigo López, apunta o adestrador branquiazul que "nós imos apoialo no máximo. Normalidade total para que o equipo poida actuar con normalidade".

Finalmente, confesou que o Presidente Paco Zas, na súa visita desta semana á Cidade Deportiva, "transmitiunos o que todos queremos, que é o ben do Deportivo. Tranquilidade, traballo, esforzo, sacrificio, dar o máximo do que temos. E sobre todo o que nos une a todos é que o equipo gañe e estea o máis arriba posible".