RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Martí recalca que este triunfo serve "aos xogadores a darlles esa confianza, a crer no traballo que están a facer"

José Luis Martí subliñou na sala de prensa da Romareda que este triunfo, segundo consecutivo do Dépor, "sabe a 3 puntos. Non sabe a máis nada que a facer o noso traballo, tentar conseguir as vitorias. Cando enganchas dúas vitorias consecutivas a fin de semana, ante un rival directo, temos que seguir buscando a vitoria. Serve para darlles esa confianza, crer no traballo que están a facer, autoexigirse máis ocasións de gol. Gozar estes 3 puntos e mañá pensar xa no Cádiz".

O técnico deportivista recoñeceu iso si que "nos faltou eses últimos 20 metros. Chegamos moitísimas veces e non fomos capaces de xerar moitas ocasións de gol cando tivemos o balón, sobre todo no último tramo da primeira parte e o inicio da segunda. Precisamente no momento no que estabamos a sufrir ese acoso por parte do Real Zaragoza é cando chegou o gol de Pedro".

Ademais, resaltou que após o tanto, o equipo "fixo un traballo extraordinario, soubo tapar as liñas, estivo xunto, ordenado, equilibrado en todo momento. É un esforzo tremendo que fixeron os xogadores, hai que estar orgullosos sobre todo con eses 3 puntos".

Tivo palabras para Pedro Sánchez, autor do gol: "Nun mes que estou a traballar con el, teríame que pór de pé, pola profesionalidade que me demostra día a día. É un dos máis implicados, máis profesionais que temos. Se alguén se merecía un gol, era el".