RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Martí: "Temos que ser intelixentes, madurar o partido, traballalo"

José Luis Martí subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo, minutos antes de emprender viaxe a Málaga, que "os xogadores están ben, cansos pero esa non é unha faceta que nos preocupe agora mesmo. Con esa ilusión e motivación por pasar á seguinte eliminatoria, ímolo a suplir".

O técnico deportivista espera mañá sábado 15 de xuño en La Rosaleda (21:00 horas, Movistar Partidazo) ante o Málaga CF "momentos de todo. Vainos a tocar sufrir en momentos determinados ante un rival que vai ter moito a pelota. Debemos tentar tela moito, tentar roubarlla. Hai que facer un gol, buscar a portería rival e defender o máis lonxe da nosa. Imos sufrir pero eles tamén o van a ter que sufrir bastante".

Non só preocúpalle o arranque se non "os 95 minutos que ten o partido. O que temos que facer é ser intelixentes, madurar o partido, traballalo, sen renunciar a ir a pola portería rival".

Nesta liña, insiste unha e outra vez José Luis Martí que quere un Dépor "ordenado, disciplinado, equilibrado. Non permitir espazos".

Confesa o adestrador branquiazul que os futbolistas branquiazuis "teñen moi claro que as dificultades van ser máximas, pero evidentemente levamos unha vantaxe".