RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Martín Ochoa decide para o Fabril un difícil partido en Arzúa

Un gol de Martín Ochoa no minuto 71, ao culminar un contraataque, valeu para o Fabril os 3 puntos na súa visita ao CSD Arzúa (0-1), en partido correspondente á 20ª xornada en Terceira RFEF.

Saíu ben ao partido o Fabril e gozou algunha ocasión nos instantes iniciais, por exemplo una de Nájera a pase de Martín Ochoa, desviada pola defensa local.

Con todo, pronto o partido atascaríase debido en parte á presión do CSD Arzúa sobre os branquiazuis.

Os pupilos de Óscar Gilsanz víronse obrigados a tirar de oficio e esperar a oportunidade para tentar gañar o partido, circunstancia que chegaría nun contragolpe no ecuador da segunda metade que resolvería o pichichi da categoría, Martín Ochoa, autor de 13 dianas xa. Na xogada anterior, Queiruga puido adiantar ao arzuáns pero o seu remate foise lixeiramente desviado.

De aquí ao final do choque, o Fabril maniató aos locais para asegurar a súa 12ª vitoria nesta liga.

Con este resultado en Arzúa e co empate do Arosa SC na súa visita ao CD Estradense, o Fabril lidera a categoría con 42 puntos por 38 puntos do conxunto arousán.

Fabril: Hugo Ríos, Marc, Fito, Puerto, Iano Simao, Brais Val, Barba, Jairo, Nájera, Diego Gómez e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Rubén, Jesús Ares, Iván e Iñaki.

A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Rápido de Bouzas.

Os resultados do Fabril en liga até a data son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0
Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-)
Fabril 3 (Nájera, Diego Gómez e Marc Lachèvre) - Silva SD 2
Atlético Arteixo 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Dani Barcia)
Fabril 3 (Martín Ochoa, Diego Gómez e Iván) - CD Choco 1
UD Ourense 2 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simão)
Fabril 0 - UD Somozas 1
Racing Villalbés 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Nájera, Iano Simao, Martín Ochoa e Diego Gómez) - CD Barco 1
Fabril 2 (Jesús Ares e Diego Gómez) - UD Paiosaco 0
Alondras CF 1 - Fabril 0
Arosa SC 0 - Fabril 0
Fabril 3 (Martín Ochoa, Dani Barcia e Iván) - CD Estradense 0
CSD Arzúa 0 - Fabril 1 (Martín Ochoa)