RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Martín Ochoa repite co Xuvenil B un dobrete decisivo que anotara tamén o venres co Cadete A

O dianteiro deportivista Martín Ochoa culminou hoxe co Xuvenil B unha fin de semana perfecta. Anotou 2 tantos co Cadete A o venres no seu partido da División de Honra cadete fronte ao ED Xuventude de Oroso; e outros 2 co Xuvenil B, ao cabo decisivos para sacar adiante (4-1) o seu partido ante os pontevedreses do ED Val Miñor Nigrán B, correspondente á 21ª xornada na liga Nacional.

Adiantouse o conxunto visitante aos 6 minutos de xogo. Pasada a media hora empatou Antón, e non foi até o último cuarto de hora de xogo cando Añón encarrilou o encontro que sentenciaría cos seus 2 goles mencionados Martín Ochoa.

Con este marcador, o Xuvenil B, asentado na 2ª praza, suma 46 puntos.

Xuvenil B: Brais, Axel, Dani Barcia, Ian Tobar, Mauro, Pablo Martínez, Canales, Antón, Hugo Baldomar, Urdiales e Añón. Tamén xogaron: Carracedo, Jairo, Martín Ochoa e Quique Teijo.

A próxima fin de semana toca de novo partido en Abegondo, esta vez ante o Rápido de Bouzas.

Os resultados do Xuvenil B que prepara Jaime Sánchez son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5
ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)
Rápido de Bouzas 3 - Xuvenil B 3 (Aye, Nájera e Noel)
Xuvenil B 3 (Nájera, Urdiales e Padín) - CD Lugo B 0
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Noel -2- e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil B 3 (Nájera -2- e Do Carmo) - Pontevedra CF 0
Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Noel)
Xuvenil B 4 (Padín, Do Carmo e Nájera -2-) - Victoria CF 0
UD Ourense 0 - Xuvenil B 3 (Nájera, Jairo e Nils)
Xuvenil B 5 (Do Carmo -2-, Padín -2- e Urdiales) - SD O Val 1
CD Choco 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Hugo Baldomar)
Xuvenil B 4 (Nájera -2-, Noel e Padín) - EF Lalín 1
Racing Villalbés 1 - Xuvenil B 2 (Jairo e Hugo Baldomar)
Xuvenil B 6 (Álex González, Nájera -2-, Do Carmo -2- e Hugo Baldomar) - Porriño Industrial CF 0
CD Areosa 4 - Xuvenil B 1 (Nájera)
Alondras CF 0 - Xuvenil B 2 (Nájera e Do Carmo)
Xuvenil B 0 - RC Celta B 2
Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Urdiales e Padín)
Xuvenil B 4 (Martín Ochoa -2-, Antón e Añón) - ED Val Miñor Nigrán B 1