RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mástil Rotulación, patrocinador de Álex Bergantiños para a temporada 2021-2022

Antes da súa primeira comparecencia pública da temporada, o capitán do RC Deportivo, Álex Bergantiños, recibiu a súa nova camiseta para esta temporada co patrocinio persoal que lucirá durante toda a campaña. Mástil Rotulación, empresa líder do sector da produción gráfica e histórica colaboradora do Club en todos os servizos de rotulación, do que é provedor oficial tanto para as instalacións de ABANCA-RIAZOR como de Abegondo, ou autor do aspecto exterior de bus oficial do equipo, será o patrocinador persoal de Álex Bergantiños para esta campaña.

Mástil Rotulación súmase deste xeito á nómina de patrocinadores persoais de xogadores do Dépor da man do gran capitán Deportivista.

Ademais de na elástica de xogo, a firma patrocinadora tamén aparecerá nas aliñacións dos partidos oficiais, tanto en redes sociais como en vídeomarcadores, na páxina do xogador na web do Club e no micrófono de sala de prensa durante as súas comparecencias. A estes soportes dixitais uniranse varias actividades co futbolista ao longo da temporada, tanto nas instalacións do propio patrocinador como nas do RC Deportivo. Os sponsors tamén terán a oportunidade de ser patrocinadores dun dos partidos da temporada en ABANCA-RIAZOR, como o caso de Mástil Rotulación no Dépor-Celta B deste domingo ás 21:30 h.

Todos os detalles deste novo patrocinio para as empresas que queiran completar a lista de patrocinadores de Vos Nosos nesta temporada 2021-2022 poden consultarse ao departamento comercial do Club en comercial@rcdeportivo.es.