RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Material doado polo Deportivo pon, un ano máis, rumbo a Mozambique

Un ano máis material do Real Club Deportivo, en concreto equipamentos e botas de fútbol, pon rumbo a Mozambique dentro do proxecto Sementes de Amanhá, apadriñado polo Dépor e a súa Fundación desde 2016.

Mateuss Messa, xefe de estudos do ESIL e Bendito Ngozo, xesuíta e director de orientación do ESIL, escola da rexión que traballa co Dépor e a Fundación Loyola, visitaron esta mañá o Estadio Abanca-Riazor antes de emprender a súa viaxe a Angonia-Tsangano na fronteira de Mozambique con Malawi.

O proxecto apadriñado polo Dépor, "Sementes de Amanhã", é un programa de acollida que atende a 70 nenos e nenas orfos na meseta rural de Angonia-Tsangano na fronteira de Mozambique con Malawi e que tamén beneficia a outros 500 co seu programa de alimentación en aldeas. O obxectivo principal do proxecto "Sementes de Amanhã" é proporcionar un crecemento integral e saudable para os nenos en acollida e aliviar a carga que pesaba nalgúns avós sen as mínimas condicións para acoller aos seus netos orfos nas súas cabanas.