11/04/2018 20:18 |
RCD / NOVAS
Mauro pide aparcar de momento o tema da súa renovación
Mauro Silva compareceu esta mañá na sala de prensa do Estadio de Riazor. Antes de falar do partido ante o Real Racing Club, o brasileiro quixo resolver o tema da súa renovación: "Mantivemos unha reunión o presidente e eu; e só nós dous sabemos como está a situación agora mesmo. Lin cousas nos medios de comunicación por exemplo que pedín dous anos, que se mo pensarei nun mes, que se o teño que consultar coa familia... que creo que poden facer que o tema cobre un rumbo que non me gusta. Eu só vos pido que de momento deixemos de falar deste tema, que considero que se debe de tratar con responsabilidade, serenidade e tranquilidade. Temos tempo para iso e ademais hai moi boa sintonía entre as dúas partes. Pero en calquera caso, eu nunca condicionarei a miña renovación ao tema económico.
Valoro moitas máis cousas que esta de
o diñeiro, por exemplo sentirse a gusto na cidade, sentirse querido pola
afección... Cando chegue o momento oportuno xa comunicaremos o resultado".
Xaneiro e febreiro, claves para o equipo
Mauro Silva cualificou despois como "claves" os meses de xaneiro e febreiro. "Se conseguimos saír
reforzados nestas semanas, dariamos un paso de xigante para estar no
máis alto", dixo un dos capitáns do Dépor. Da mesma opinión é Javier
Irureta, o técnico deportivista: "A intensidade dos partidos, o posible mal
estado dos campos farán que estes meses sexan os máis duros. Se os superamos,
seguro que aínda poderiamos ampliar vantaxe cos que veñen atrás".