RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mauro renova por un ano e anuncia que se retirará no Deportivo

Mauro Silva cumpre hoxe 36 anos e que mellor forma de celebralo que asinando a súa renovación co Real Club Deportivo da Coruña para a tempada 2004 - 2005. O xogador aproveitou o momento do anuncio da súa renovación para confirmar "o 30 de xuño de 2005 dei

Augusto César Lendoiro felicitou en primeiro lugar ao xogador polos seus aniversarios e logo a todos porque se pechou o acordo polo que o xogador será durante un ano máis xogador do Deportivo. "Xa é case da canteira" afirmou o presidente, en relación aos 13 anos que cumprirá ao finalizar este novo contrato o xogador co Club e matizou "poucos xogadores poden estar no mesmo club tantos anos e a este nivel".

Mauro mostrouse satisfeito e emocionado "cumpro 36 anos, grazas por este agasallo" e asegurou que o anuncio da súa retirada para cando finalice o contrato non ten volta atrás, "o centro do campo é moi esixente e é mellor deixalo no momento oportuno, ademais así con tempo o Club pode planificar o persoal."

O deportivista asegurou "eu loitarei ata o último momento e darei todo polo Deportivo" e afirmou "xa non vestirei outra camiseta que a do Deportivo, considero que despois de todo o que me deu A Coruña, o Deportivo e a afección, para todos o mellor é que me retire aquí, no equipo da miña vida".

Mauro Silva quere planificar o seu futuro con tempo, "terei 37 anos e medio cando me retire" e non descarta vivir entre A Coruña e Brasil.