RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mauro Silva tras recibir a ovación de Riazor: "É unha alegría enorme estar aquí. Espero volver pronto"

Mauro Silva, que recibiu o agarimo do deportivismo este mediodía no descanso do partido ante o Málaga, pasouse pola zona mixta nada máis concluír o encontro: "É unha alegría enorme estar aquí. Espero volver pronto", recalcou.

Recoñeceu estar "moi feliz, emocionado, aínda que non cheguei ás bágoas". Confesou estar "encantado de estar aquí. Baixar ao céspede e poder saudar ao público. Ter este contacto cos afeccionados que durante tantos anos gozamos de tantas cousas moi especiais. Son moitos recordos".

Quixo "agradecer ao Presidente Tino pola homenaxe e por eses momentos inesquecibles. E a toda a afección por todo o que me destes durante tantos anos. Síntome un coruñés máis, un deportivista máis".

Do partido, opina que o equipo "loitou, conseguiu unha vitoria importante. Pero hoxe en día o fútbol é moi competitivo. Os grandes equipos con moito diñeiro fan moitas ofertas. E co diñeiro que se manexa está a facerse o que se pode. Non é fácil. Son momentos diferentes aos que vivimos. Hai que adaptarse. A vida é así. Tamén o deporte. Agora tocounos vivir un momento malo pero xa virán os momentos bos".