RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mauro Silva pide confianza no equipo

Un dos capitáns do Deportivo, Mauro Silva, pediu hoxe en rolda de prensa confianza para o equipo. "Sempre temos unha mala serie de resultados no medio de cada tempada e ao final acabamos ben", lembra o internacional brasileiro, quen se referiu claramen

"Hai pouco o club estaba en Segunda División e non hai máis que fixarse no que se conseguiu nestes anos. Hai que ser máis equilibrado nestas manifestacións", razoou Mauro Silva. Iso si, o centrocampista recoñece que o equipo ten "problemas creativos. Non está Fran, Valerón estivo lesionado e Djalminha xa non está aquí", apunta Mauro.
Pola súa banda, Sergio, que lle quitou calquera tipo de transcendencia ás declaracións de Luque e de Javier Irureta do pasado luns, cre que é debido á "gran ambición que ten o equipo. Ás veces sucede que nos pase isto. Está claro que os primeiros interesados en que todo marche ben somos nós", matizou o centrocampista catálán.