11/04/2018 20:18 |
RCD / NOVAS
Mauro Silva: Quero despedirme ante o Mallorca dos afeccionados que tanto agarimo me deron
O Deportivo exercitouse esta mañá en Abegondo coa presenza dos dous canteiráns, Xisco e Jonathan, e as baixas dos lesionados Tristán, Scaloni, Mauro Silva e Pablo Amo. Fran, que segue con algunha molestia nun nocello, completou a sesión con normalidade. Pola súa banda, Mauro Silva afirmou na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' que o seu gran obxectivo é "poder despedirme no terreo de xogo ante o Mallorca en Riazor. Non falei aínda co adestrador, pero aínda que sexa só cinco minutos quero agradecerlle á xente o agarimo que me deu todo este tempo"..
Cre Mauro que "tanto os éxitos como os fracasos non hai que
personalizalos" e respecto ao balance desta tempada, opina que "me gustaría
facer agora un balance máis xeral, de todos estes anos tan fenomenais".
Mauro sufriu o pasado domingo en Sevilla unha microrrotura no
bíceps femoral da coxa dereita.
O xoves, o persoal está citada ás 10:30 horas en 'O Mundo
do Fútbol'.