RCD / NOVAS

Mauro Silva recibirá o agarimo de Riazor no partido do sábado

13/04/2017 12:45

Mauro Silva, histórico centrocampista do Real Club Deportivo, atópase desde o mércores na cidade da Coruña, onde clausurou a decimo oitava edición do campus que leva o seu nome e se celebra cada Semana Santa nas instalacións do INEF de Bastiagueiro. Alí, ademais de compartir uns minutos cos participantes, recibiu a inesperada visita de Donato Gama dá Silva, outro dos xogadores lendarios do Club.

Mauro Silva recibirá o agarimo e aplauso de Riazor no descanso do Deportivo-Málaga que se disputa o sábado desde as 13:00 horas no municipal coruñés. O campión do mundo e excapitán branquiazul, saudará desde o centro do campo a todos os deportivistas que acudan ao transcendental partido fronte aos andaluces. Mauro Silva foi o xogador que máis votos recibiu, nesta temporada do 110 aniversario, entre os 110 que conformaban a lista inicial das lendas históricas do Dépor, por diante de Bebeto, Valerón, Djalminha, Fran, Donato, Makaay, Manuel Pablo, Acuña e Luís Suárez.

As firmas do dez xogadores e os anos que defenderon #asnosascores, quedaron plasmadas nunha xoia en prata que os deportivistas poden adquirir na web: www.obalondasnosaslendas.es, tras os votos emitidos polos afeccionados deportivistas.

Por iso, porque foi a elección da afección, será esta quen tribute a homenaxe en modo de aplausos o sábado a unha Lenda Branquiazul, Mauro Silva.

Máis novas de: MAURO SILVA

RCD / Noticias Relacionadas

06/06/2005 12:57 |

Mauro Silva: Lendoiro ofreceume a renovación estando lesionado de gravidade nun nocello

Mauro Silva é hoxe protagonista na páxina web da Uefa. O campión do mundo analiza, tras pasar uns días da súa retirada, o seu paso polo Real Club Deportivo. Di que se deu conta de que non podía vestir outra camiseta, comprende o adeus de Javier Irureta -"tivo unha traxectoria excepcional, aínda que a necesidade de cambiar é lei de vida e sempre chega, por desgraza"-, desvela que quedou no Deportivo porque sentiu identificado coa cidade e o club "e porque vía que o club se esforzaba economicamente, tratando de igualar a outros clubs importantes".