11/04/2018 20:18 |
RCD / NOVAS
Mauro Silva: Sempre levarei A Coruña no corazón
Mauro Silva, tamén visiblemente emocionado, compareceu ante os medios informativos en 'O Mundo do Fútbol'. O brasileiro ultima a súa recuperación para poder estar mañá sábado sen ningún problema físico ás ordes de Javier Irureta.
Mauro confesou que de consumarse a súa marcha definitiva a Brasil "arrepentiume por non poder vivir o que vivín no Deportivo". Advertiu que tanto o club como a cidade da Coruña estarán sempre no meu corazón, "alí onde eu estea".