11/04/2018 20:18 |
RCD / NOVAS
Mauro Silva: Toda a pretemporada vira ao redor da previa da liga de Campións
Mauro Silva pasouse esta mañá pola sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O capitán deportivista asegurou que o grupo traballa desde o primeiro día coa mente posta na eliminatoria previa da liga de Campións. O internacional desexa iso si "un rival algo máis cómodo que o da tempada pasada -o Rosenborg de Noruega- aínda que non te podes fiar de ningún deles".
Asegurou Mauro que non está obsesionado pola súa retirada, anunciada para cando acabe esta tempada. "Agora estou centrado en achegar o máximo ao equipo", aínda que está disposto a botar unha man en buscar un substituto para a posición de mediocentro que el ocupa.
Tamén outro dos veteranos do Deportivo, Lionel Scaloni, dialogou esta mañá cos medios de comunicación. Para o internacional arxentino, o Real Madrid sempre é o primeiro favorito en todas as competicións. "Despois estamos un grupo que formamos a Valencia, o Barcelona e nós, que estaremos aí", apuntou Scaloni