RCD / NOVAS

Mauro Silva
"Eu sigo confiando en Riazor"

Tras o adestramento previo ao partido ante o Zaragoza de mañá mércores en Riazor (20.00 horas), Mauro Silva compareceu hoxe ante os medios informativos na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O capitán deportivista cre que o próximo parón do Nadal "virá moi ben ao equipo, tal e como estamos nós. Eliminados da Copa e da liga de Campións, opino que será moi positivo máis desde o punto de vista psicolóxico que físico irnos para as nosas casas. Loxicamente será moito mellor se gañamos mañá".

21/12/2004 12:43

Por outra banda, Mauro indicou que o tres partidos próximos en Riazor do catro que terá que afrontar o Deportivo é positivo: "Eu sigo confiando en Riazor. Estou convencido de que pronto chegarán as vitorias".

O internacional brasileiro opina que o futbolista profesional "ten que convivir coas críticas" e mostrouse partidario de "falar sobre todo no campo".

Máis novas de: MAURO SILVA