RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Máxima igualdade entre Cadete e RC Celta na última xornada da Fase polo Título

O Cadete empatou co RC Celta (1-1) en Abegondo en #ONOSODERBI da última xornada, 8ª, da Fase polo Título da División de Honra.

Pablo Parada adiantou aos branquiazuis aos 3 minutos de partido; pero os célticos igualaron no minuto 38. O marcador do campo 3 de Abegondo xa non se movería nun choque como todos os que protagonizan ambos os equipos, moi igualado.

Cadete: Román, Diego Miranda, Hugo Torres, Zoe, Lucas Taibo, Dani Estévez, Guerrero, Noé, Mesfin, Manu Ferreiro e Pablo Parada. Tamén xogaron: Oreiro, Juan Barros, Jorge García e David Carballo.

Con este resultado, ambos os equipos quedaron igualados con 24 puntos na cabeza da clasificación aínda que por diante os célticos, xa que no choque da primeira volta disputado en Vigo venceron os locais por 3-1.

Agora, o Cadete, como segundo, medirase en semifinais ao terceiro clasificado, San Tirso SD, CD Conxo Santiago ou ED Val Miñor Nigrán, a partido único en Abegondo. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.

Os resultados do Cadete nesta segunda fase da temporada son os seguintes:

Cadete 2 (Noé -2-) - Pabellón Ourense CF 0
ED Val Miñor Nigrán 2 - Cadete 4 (Jaime Calviño, Mesfin, Jorge García e Pablo Parada)
Cadete 4 (Jaime Calviño, Pablo Parada -2- e Guerrero) - CD Conxo Santiago 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 1 (Jorge García)
RC Celta 3 - Cadete 1 (Dani Estévez)
CD Conxo Santiago 1 - Cadete 2 (Mesfin -2-)
Cadete 3 (Guerrero e Juan Barros -2-) - ED Val Miñor Nigrán 0
Cadete 1 (Pablo Parada) - RC Celta 1