RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Medalla de bronce para o Benxamín B en Navalcarnero

O Benxamín B participou hoxe sábado 9 de decembro na segunda edición do Torneo CDA Navalcarnero, que se xogou no campo das Maceiras, na citada localidade madrileña.

O conxunto deportivista alcanzou con brillantez as semifinais, onde foi superado polo Sanse (4-2), resultado que lle outorgou a medalla de bronce.

Até aí, sacou adiante o equipo branquiazul un total de 4 partidos ante estes rivais: Navalcarnero, Talavera, Getafe e Illescas. Dignísimo papel pois do Benxamín B.

Os resultados do Benxamín B no torneo foron os seguintes:

Primeira Fase

CDA NAVALCARNERO 0 - BENXAMÍN B 4 (Trigo -2-, Nico e Gael)
CF TALAVERA 1 - BENXAMÍN B 2 (Nico -2-)

Oitavos de final

GETAFE 1 - BENXAMÍN B 1 (Ioan). Por penaltis: 1-3

Cuartos de final

BENXAMÍN B 3 (Gael, Uxío e Trigo) - Illescas 0

Semifinal

SANSE 4 - BENXAMÍN B 2 (Nico e Mauro)

Gran papel deportivista en Marín

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA (Alevín A e Benxamín A) participaron onte venres 8 de decembro, día festivo, na terceira edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre, que se xogou no campo de fútbol de San Pedro, en Marín (Pontevedra).

En categoría alevín, o equipo que prepara Roberto Veres foi un digno subcampión. O título dirimiuse na lotaría dos penaltis, despois de que Alevín A e Valladolid acabasen o tempo regulamentario con empate (0-0).

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (Dani e Samu) - LUGO 1
VALLADOLID 2 - ALEVÍN A 2 (Pablo Seco -2-)
SANTA MARIÑA 1 - ALEVÍN A 1 (Guerreiro)

Cuartos de final
ALEVÍN A 1 (Samu) - ZARAGOZA 0

Semifinal
ALEVÍN A 0 - CELTA 0. Por penaltis: 3-2

Final
ALEVÍN A 0 - VALLADOLID 0. Por penaltis: 2-3

Pola súa banda, o Benxamín A acabou brillante campión, após eliminar ao Celta en semifinais e superar ao FC Porto na gran final.

Os resultados do equipo que dirixe Pablo Barros foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Diego e Janusz) - LUGO 0
EF VILLA DE MARÍN 0 - BENXAMÍN A 7 (Íker -2-, Diego, Nico, Eder e Anxo -2-)
VALLADOLID 0 - BENXAMÍN A 2 (Diego -2-)

Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Diego -3-) - PABELLÓN 1

Semifinal
BENXAMÍN A 5 (Nico Balbás, Íker, Diego -2- e Leandro) - CELTA 1

Final
BENXAMÍN A 2 (Diego e Nico Balbás) - FC PORTO 1

O Alevín B, brillante subcampión en Laracha

O Alevín B disputou o pasado mércores 6 de decembro, festividade da Constitución, a 8ª edición do Torneo do Laracha CF no Municipal de Laracha.

O conxunto que dirixe Alberto Suárez proclamouse subcampión do torneo, un brillante resultado porque os seus rivais estaban formados principalmente por xogadores un ano maiores.

Só o Santiago, na gran final, foi capaz de dobregar aos branquiazuis.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN B 6 (Eli -3-, Bruno, Rubén e Dani) - SPORTING BURGO 0
XUVENTUDE OROSO 1 - ALEVÍN B 4 (Eli -2-, Jairo e Vergara)
LUÍS CALVO 2 - ALEVÍN B 0

Cuartos de final
ALEVÍN B 1 (Álex) - BERTAMIRÁNS 1. Por penaltis: 3-2

Semifinal
ALEVÍN B 2 (Bruno e Álex) - URAL 1

Final
ALEVÍN B 0 - SANTIAGO 4