RCD / NOVAS

Medio milleiro de deportivistas animarán ao equipo o domingo en Son Moix

22/06/2019 16:55

Preto medio milleiro de afeccionados branquiazuis animarán ao equipo branquiazul desde a bancada visitante do estadio de Son Moix, no partido de volta da final polo ascenso a LaLiga Santander, mañá domingo 23 de xuño a partir das 21:00 horas.

Boa parte de #ANOSAFORZA presente na capital balear representará ademais a 21 peñas: Al Sur de Riazor, Caramuxo, Chamberí Branquiazul, Miau Miau, Cheka, Brigantium, Boa Vila, Verín Pablo Amo, A Gaiteira, O Roxo, Rías Baixas, Jaballi, Centenariazo, Chaflán, Barcelona, La Cuesta, Faluya, Pardo de Cela, Mallorca, Los Fedes e Burela.