RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Medunjanin: Cando vénche unha oportunidade como esta, tes que collela

O futbolista bosníaco Haris Medunjanin compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo, nada más concluír o seu primeiro adestramento co Deportivo.

Asegurou que ficha tres tempadas por un Club cunha "gran historia" e explicou a súa aposta de saír de Turquía: "Cando vénche unha oportunidade como esta tes que collela. O fútbol español gústame e ao técnico (Víctor Fernández) gústalle moito o toque de balón".

Confesou que, tras o Mundial de Brasil no que participou con Bosnia, volveu aos adestramentos o pasado 21 de xullo. Iso si, matizou que leva desde o pasado luns sen adestrar, pero "con tres ou catro adestramentos estarei ben", manifestou.

Sobre o Deportivo, indicou que ten boa relación coa meta Fabricio, con quen coincidiu en Valladolid, e recalcou que "un futbolista bosníaco que xoga en Bélxica faloume moi ben do adestrador".