RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Medunjanin, novo xogador do Deportivo,adestrarase xa mañá venres en Abegondo

O futbolista bosníaco Haris Medunjanin (Saraievo, 8 de marzo de 1985) xa é oficialmente xogador do Deportivo. O centrocampista, procedente do Gaziantepspor da Superliga turca, pasó onte o meuércoles recoñecemento médico no Hospital HM

Está previsto que compareza en rolda de prensa ao finalizar a sesión.

Internacional con Bosnia desde o ano 2009, xogou 32 partidos internacionais coa súa selección e anotou 5 goles. Posúe dobre nacionalidade Bosníaco - Holandesa, liga na que debutou en 2004 co AZ Alkmaar. Tras o seu paso tamén polo Sparta Róterdan, estivo dous anos no Real Valladolid (2008-2010), antes de enfundarse a camiseta do Maccabi Tel Aviv e do Gaziantepspor.