RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Medunjanin: Sabemos que a nosa liga empeza o domingo

Haris Medunjanin calificó esta mañana na sala de prensa de Abegondo o partido deste domingo en Riazor (12.00 horas) ante o Granada como "moi importante para nós. Sabemos que a nosa liga empeza o domingo. Xogamos contra un rival directo

Neste sentido, o internacional bosníaco cre que "para nós son todo finais e contra un rival directo máis final que outro partido".

Insiste en que o partido pasado ante o Barça "non é a nosa liga. Pero antes do Barcelona, o equipo xogou moi ben, gañou dous partidos e empatou contra o Levante. O equipo estaba ben e éso imos tentar o"domingo .

Coa chegada de Celso Borges, Medunjanin opina que "é moi bo para o equipo se hai moita competencia. Non podes estar relaxado. Se hai un que xoga, ti tes que traballar máis para entrar na lista ou no once. Ésto é fútbol. Se todos sabemos que imos xogar, é peor para nós. Se non sabes ata última hora, estás concentrado".