RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Medunjanin, titular en Bosnia no partido fronte a Israel

Haris Medunjanin foi titular no seu selección, Bosnia Herzegovina, no partido no estadio "Sammy Ofer" de Haifa ante Israel (3-0), onte domingo 16 de novembro, clasificatorio para o Campionato de Europa 2016.

O centrocampista branquiazul xogou 90 minutos e tivo que facer traballo extra, posto que Bosnia quedou con 10 futbolistas no minuto 48 por expulsión de Sunjic.

Hélder Postiga mídese a Arxentina en Manchester

A Portugal, co deportivista Hélder Postiga entre os convocados, queda outro partido neste parón ligueiro. Será un amigable no estadio de Old Trafford de Manchester, mañá martes 18 de novembro ás 19.45 (hora local), ante Arxentina.

A selección lusa, con Postiga no once titular, venceu (1-0) no Estadio do Algarve a Armenia o pasado venres 14 de novembro, en partido clasificatorio para o Campionato de Europa 2016. Hélder disputou os primeiros 56 minutos, e foi substituído por Éder.