RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mel: "Co empate tivemos un xusto premio"

Pepe Mel, adestrador do RC Deportivo, recoñeceu que no primeiro terzo de encontro "non estivemos no partido" pero tamén defendeu o esforzo e carácter mostrados polos seus pupilos no tempo restante, afirmando que co empate "tivemos un xusto premio".

"Creo que non entendemos moi ben a primeira parte e o esquema que nos propuña o Betis. Falarámolo pero non saíron as cousas ben. Nos primeiros 25 minutos da primeira parte creo que non estivemos no partido", analizou o técnico branquiazul.

"A partir de aí a cousa cambiou. E na segunda parte o Dépor foi mellor e tivemos un xusto premio. Valoro moito que co resultado en contra noutras situacións o Dépor baixou os brazos, e esta vez cría no empate e mesmo co empate cría na vitoria", aseverou o preparador deportivista.

Mel foi máis aló na súa análise, lembrando que "necesitamos coller confianza e autoestima. Este tres partidos podíannolo dar. Temos que ir crecendo noutros aspectos".

Mel non quixo "pór parches" pero lembrou que desde a súa chegada a rutina do equipo foi "dous adestramentos, un partido; dous adestramentos, un partido".

Sobre a xogada do penalti que valeu o empate, o adestrador do Deportivo foi rotundo: "Vino moi claro" e quixo deixar claro a orde de lanzadores: "O primeiro é Celso, o segundo Fajr e o terceiro Andone".

Pola súa banda, o técnico do Real Betis, Víctor Sánchez do Amo, afirmou que unha "decisión arbitral privounos dos tres puntos".

"Non vin a xogada pero todo o mundo dime que non hai absolutamente nada", comentou sobre a acción da pena máxima sinalada en contra do seu equipo.