RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mel: "Foi un partido pechado, de empate"

Pepe Mel, técnico do RC Deportivo, considerou que o partido desta tarde ante o Celta foi "de empate" e lamentou non poder brindarlle "á nosa xente" un triunfo no encontro de máxima rivalidade.

"Queriamos brindarllo á nosa xente e non puido ser. Foi un partido moi pechado, un partido de empate. Celso fallouna, Iago meteuna", resumiu o preparador branquiazul.

Preguntado polo sabor que deixa esta derrota, Mel foi sincero. "Os futbolistas seguramente preferisen perder 0-1 co Barcelona e gañar 2-1 hoxe. Os puntos son os mesmos, pero as sensacións son diferentes. Teríamos ido ao parón con alegría", admitiu.

Sobre os vindeiros encontros, Mel lembrou que "no esprint final as forzas son importantes e máis no mes de abril, que sempre é definitivo, en todas as ligas. E este ano, abril ademais trae sete partidos, así que é necesario que o equipo estea forte".

Pola súa banda, o adestrador do RC Celta, Eduardo Berizzo, lembrou que foi "parte dunha tensión que quedou no pasado", que "se somos fortes os dous equipos, somos máis fortes todos" e tivo palabras de ánimo para o Dépor, ao que desexou "vitorias para vivir unha permanencia tranquila".

Sobre o encontro realizado polo seu equipo, quixo destacar que "demos unha mostra de poderío non só físico, senón anímico, despois da semana que tivemos. Saír vitoriosos de aquí fala da madurez anímica que ten o equipo".