RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mel: "O Dépor está capacitado para darlle guerra a calquera equipo"

Pepe Mel asegurou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "son ambicioso. Non me dou por perdido. Non penso que o Dépor vai perder co Barça" ante a visita do poderoso FC Barcelona a Riazor, mañá domingo12 de marzo ás 16:15 (Bein Sports). "Se pensase que o Dépor vai perder con el entón pasaría a pensar no seguinte partido, iso transmítesllo aos futbolistas, os futbolistas pensan que o partido seguinte non importa, que o que importa é o de logo. E mal asunto", engade.

É máis, a xuízo do técnico deportivista, "o Dépor está capacitado para darlle guerra a calquera equipo todos os domingos, sexa cal for. E nós imos saír a competir co Barça".

Sobre a acumulación de partidos do equipo nestes últimos días, lembra que "xogamos máis que adestramos. Dificulta un pouco o camiño. Pero está claro que esta liga está a chegar ao seu sprint final e a condición de que chegan o últimos oito, nove ou dez partidos pasan as cousas de verdade. Ese é o momento e hai que estar preparados".

Do conxunto azulgrana, lembra Mel que "estamos a falar dun equipo que no últimos tres partidos fíxolle 6 goles ao Sporting, 5 ao Celta e 6 ao París Saint Germain. No tres últimos partidos 17 goles a favor e creo que só 2 en contra. Os números cantan sós".

Apunta nesta liña que "os futbolistas saben que é un reto difícil pero como lles dixen desde o primeiro día que tamén era un reto difícil o Atlético de Madrid, no deporte profesional nada é imposible. Eles están preparados".

Espera un Barcelona cun estado de ánimo "polas nubes. Se eles saben xa que son bos, agora crense moito mellores. Van tentar facelo ben e divertirse".

Recoñece estar preocupado polo estado físico de Joselu, co outro dianteiro, Florin Andone, sancionado: "Acabou con molestias antonte. Onte fixo traballo específico el só. Hoxe parece que está mellor pero hai que darlle as 24 horas de rigor porque isto adoita pasar ao día seguinte. Esperemos que mañá estea ben. Se me pides unha opinión, creo que vai estar ben para xogar", apunta.