RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mel: "Sen o traballo de Gaizka Garitano é moi difícil que gañásemos estes puntos"

Pepe Mel explicou na sala de prensa do Molinón, tras o triunfo ante o Sporting, que "eu o que fixen foi quitarlle unha venda negra que tiñan na cabeza, que non lles deixaba ver. Pero sen o traballo de Gaizka Garitano é moi difícil que gañásemos estes puntos. Agora acórdome do compañeiro porque seguro que estará na casa, e el tivo opcións de gañar moitos partidos".

Pide despois de sumar os tres puntos en Xixón "seguir nesta liña, sendo colectivo, traballarnos cada minuto, cada balón e aproveitar as calidades dos futbolistas que temos".

Apunta o técnico branquiazul que "o deportivismo ten que estar moi orgulloso destes futbolistas porque o outro día contra un rival tan tan competitivo como o Atlético de Madrid non nos superou niso. E hoxe nun ambiente difícil non contra o Dépor senón a favor do seu equipo, como ten que ser, o equipo estivo asentado, deu a cara ao partido, loitou cada balón".

Do encontro, explica Mel que "tivemos dúas caras diferentes. Preocupábanos moito ser un bloque defensivo como fomos contra o Atlético de Madrid, que o rival non tivese demasiadas opcións, estar compactos e non deixar espazos para que tanto Moi Gómez como Víctor cando saíu, xente que xoga ben entre liñas non puidesen xogar con liberdade e non fixese correr a Burgui. Conseguímolo ás veces, outras non tanto. Estivemos serios, como un colectivo. Logo en ataque faltounos un pouco de profundidade, demasiados desmarques de apoio e ningún de ruptura. Iso traballarémolo. Pero en liñas xerais o equipo quere a pelota, insistinlles niso".