RCD / NOVAS

Merecidas mini vacacións para o Deportivo ABANCA

05/03/2020 19:55

O Deportivo ABANCA inicia hoxe xoves unhas merecidas mini vacacións, posto que non hai competición na Primera Iberdrola esta fin de semana.

Manu Sánchez citou de novo ás súas futbolistas na Cidade Deportiva o martes 10 de marzo ás 17:00 horas.

As deportivistas que non paran son as 5 que están concentradas coas súas respectivas seleccións nacionais: Teresa Abelleira, María Méndez, Kika, Gaby e Michelle Romero.