Merecido triunfo do Xuvenil B, superior ao Racing Villalbés
O Xuvenil B superou (4-0) ao Racing Villalbés e amarrou con toda xustiza os 3 puntos en xogo neste choque disputado no campo principal de Abegondo, correspondente á 14ª xornada na liga Nacional.
Juanma, Peke, Mario e Do Carmo foron os autores dos goles branquiazuis.
Con este resultado, o Xuvenil B suma 28 puntos na 5ª praza, igualado co Pabellón Ourense CF, 4ª por mellor golaverage xeneral.
Xuvenil B: Íker, Roque, Fito, Landeira, Mario, Peke, Portas, Batista, Pol, Juanma e Luque. Tamén xogaron: Añón, José Manuel, Víctor Guerra e Do Carmo.
Este domingo 9, o Xuvenil B visita ao UD Santa Mariña, a partir das 12:00 no campo de Cotogrande 2 (Vigo).
A liga transcorre así para o equipo de Rubén Coméndez:
Xuvenil B 3 (Peke, Aye e Mario) - Orillamar 1 Porriño 2 - Xuvenil B 1 (Fito) Xuvenil B 2 (Juanma e Luque) - Lugo B 0 ED Val Miñor Nigrán B 0 - Xuvenil B 1 (Peke) Xuvenil B 2 (Luque e Víctor) - Celta B 1 Arosa SC 1 - Xuvenil B 1 (Luque) Xuvenil B 2 (Juanma e Peke) - CD Choco 0 Victoria CF 2 - Xuvenil B 1 (Mario) CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Pol, Novoa e Luque) Xuvenil B 1 (Portas) - CD Calasanz 3 Rápido de Bouzas 0 - Xuvenil B 1 (Novoa) Xuvenil B 6 (Añón, Mario, Juanma -3- e Luque) - CD Lérez 1 CD Areosa 2 - Xuvenil B 1 (Luque) Xuvenil B 4 (Juanma, Peke, Mario e Do Carmo) - Racing Villalbés 0