RCD / NOVAS

Michael Krohn-Dehli, sen minutos hoxe con Dinamarca

21/06/2018 20:15

O danés Michael Krohn-Dehli foi o único deportivista con cita mundialista hoxe xoves 21 de xuño, neste caso na segunda xornada do grupo C.

A súa selección, Dinamarca, mediuse a Australia no Samara Arena. Houbo empate (1-1) que achega aos escandinavos á seguinte fase. O centrocampista branquiazul non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Na primeira xornada, Krohn-Dehli tampouco tivo minutos fronte a Perú.

Mañá venres 22 de xuño xogan tres branquiazuis o seu segundo partido: Celso Borges con Costa Rica fronte a Brasil (14:00 horas); Fabian Schär con Suíza fronte a Serbia (20:00 horas); e Francis Uzoho con Nixeria ante Islandia (17:00 horas).

Este é o calendario de partidos da fase de grupos mundialista para os 5 deportivistas:

Michael Krohn-Dehli

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
PERÚ 0 - DINAMARCA 1

Xoves 21 de xuño
DINAMARCA 1 - AUSTRALIA 1

Martes 26 de xuño
16:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Celso Borges

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
COSTA RICA 0 - SERBIA 1

Venres 22 de xuño
14:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Fabian Schär

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
BRASIL 1 - SUÍZA 1

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA, no Kaliningrad Stadium

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Francis Uzoho

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
CROACIA 2 - NIXERIA 0

Venres 22 de xuño
17:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena

Martes 26 de xuño
20:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Ismael Díaz

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
BÉLXICA 3 - PANAMÁ 0

Domingo 24 de xuño
14:00: INGLATERRA - PANAMÁ, no Nizhny Novgorod Stadium

Xoves 28 de xuño
20:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena (Saransk)

Máis novas de: SCHÄR, BORGES, KROHN-DEHLI