RCD / NOVAS

Michele Somma comeza mañá en Abegondo a etapa final da súa recuperación

03/07/2020 18:55

Michele Somma aterrou este mediodía en Galicia procedente de Italia e mañá sábado iniciará en Abegondo a etapa final da recuperación da súa lesión de xeonllo.

O defensor italiano realizará tarefas cada día cos fisioterapeutas do primeiro equipo e co readaptador, Fran Molano.

Máis novas de: MICHELE SOMMA