Michelle renova por unha temporada co Dépor ABANCA
Michelle Yeraldine Romero Castillo (Maracaibo, Venezuela, 12 de xuño de 1997) chegou a un acordo co Real Club Deportivo para renovar a súa vinculación para a próxima temporada co Dépor ABANCA.
A internacional vinotinto converteuse no último reforzo branquiazul a pasada temporada, procedente do Zulia FC de Maracaibo.