RCD / NOVAS

Miguel Anxo Lotina despídese cunha carta e unha multitudinaria rolda de prensa

Miguel Ángel Lotina se despidió esta mañana no Mundo do Fútbol do Real Club Deportivo da Coruña después de catro tempadas. Fíxoo nunha multitudinaria rolda de prensa, que arrancó coa lectura dunha carta escrita da súa puñou e letra: var ivPlayer1064398 = new IVPlayer("350", "60",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1064398.playVideo('player1064398', 'rp_lotina_despedida_abegondo_23-05-2011.mp3', false);

23/05/2011 12:45

"Quero agradecervos a vosa presenza aquí, nestes momentos tan tristes para todos, para despedirme. Gustoume que fóra doutra maneira, co equipo en Primeira División, pero non o puidemos conseguir, a pesar do extraordinario esforzo que fixo todo o mundo, desde os xogadores á nosa afección. Tiña tomada desde hai tempo a decisión de marcharme, porque cheguei á conclusión de que a miña etapa na Coruña estaba xa superada, e por esa razón esforceime canto puiden para que a saída fose satisfactoria para todos. Sinto na alma non poder levar esta nave a bo porto, pero asegúrovos que non foi por non tentalo.

Quero sobre todo dar as grazas e pedir desculpas. Desculpas a esta marabillosa afección coa que sempre me sentirei en débeda; desculpas a quen puidese malestar ou ferir con algunha das miñas decisións. Asegúrovos que sempre tentei facer o que me parecía mellor para o noso Club. E grazas a todo o mundo polo esforzo cotián en facer ben as cousas, en estar á altura que merece o prestixio do Dépor. Grazas aos empregados do Club polo seu compromiso e profesionalidade, aos xogadores que estiveron comigo aquí todos estes anos e entregáronse cunha dedicación exemplar. Grazas aos meus colaboradores, a todo o equipo técnico e aos medios de comunicación. E grazas á Directiva, en especial ao Presidente. Foi unha honra traballar para o  Deportivo da Coruña.

Lévome o recordo dun gran Club e o agarimo que me transmitiu a xente, mesmo nestes últimos días tan difíciles para todos.

Moitas grazas e ata sempre".

Finalmente Lotina respondeu as preguntas dos medios de comunicación. Lembrou que cun gol o equipo estaría salvado e coa vitoria ante a Valencia, o Dépor finalizase en décima posición da táboa.

Ademais, cre que "o Hércules e o Almería non teñen peor persoal que o Deportivo, pero pódovos dicir ata dez equipos que seguirán en Primeira que non a teñen mellor que nós".

Máis novas de: LOTINA

RCD / Noticias Relacionadas

20/05/2011 13:37 |

Lotina: Estou convencido de que imos gañar

Miguel Ángel Lotina repasó esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol a súa carreira deportiva como adestrador os últimos partidos: "Conseguín dous ascensos, unha UEFA, también un descenso que teño ahí cravado". var ivPlayer702569 = new IVPlayer("350", "50",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer702569.playVideo('player702569', 'rp_lotina_abegondo_20-05-2011.mp3', false);

15/05/2011 04:35 |

Lotina: Temos que pensar en nós e non noutro tipo de situacións

Miguel Ángel Lotina manifestó na sala de prensa do Mundo do Fútbol, xusto antes de partir cara a Barcelona, que "temos que pensar en nós e non noutro tipo de situacións que nos poden levar a equívocos". É más, o técnico branquiazul opina que o rival "vainos a esixir", e por éso pide concentración ao seus. var ivPlayer1645398 = new IVPlayer("350", "50",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1645398.playVideo('player1645398', 'rp_lotina_abegondo_14-05-2011.mp3', false);

06/05/2011 11:52 |

Lotina asegura en rolda de prensa que 'o autobús vai cheo de responsabilidade e de ilusión'

Miguel Ángel Lotina ofreció unha rolda de prensa esta mañana na sala de prensa do Estadio de Riazor, xusto antes de emprender viaxe por estrada a Oviedo, onde o Deportivo montará o seu cuartel xeral ata o partido de mañana sábado no Molinón. Desveló que a decisión de viaxar todos é única e exclusivamente dos xogadores. var ivPlayer182736 = new IVPlayer("350", "50",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer182736.playVideo('player182736', 'rp_lotina_riazor_06-05-2011.mp3', false);