RCD / NOVAS

Miku acaba o encontro cunha molestia nos isquiotibiais

19/03/2022 22:08

Miku acabou o partido desta tarde en ABANCA-RIAZOR ante a Cultural Leonesa cunha molestia nos isquiotibiais.

"Sentiu que se lle enganchou o isquio", comentou Borja Jiménez na sala de prensa, quen ademais pediu "paciencia a ver como vai evolucionando".

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo practicarán probas médicas complementarias nos próximos días ao internacional venezolano para saber o alcance exacto desas molestias.

Máis novas de: MIKU