RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Miku acaba o partido copeiro con molestias no aductor dereito

Miku acabou o encontro de Copa de SM O Rei ante o CD El Ejido con molestias no aductor dereito. Así o desvelou Fernando Vázquez en rolda de prensa tralo choque: "Saíu (coa cabeza gacha) porque volveu recaer da lesión. É posible que sexa unha rotura. Estaba moi doído porque empezaba a ver a luz despois do túnel. Hoxe mostrou unha cara a nivel atlético totalmente diferente. Foi unha pena que caese lesionado no último golpeo".

Os Servizos Médicos do RC Deportivo farán nas próximas horas probas médicas complementarias para coñecer o alcance exacto da lesión sufrida polo internacional deportivista.