RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Miku: "#ANOSAFORZA para nós é un factor diferencial"

Miku, autor dun dobrete esta tarde en ABANCA-RIAZOR, indicou que "logramos o obxectivo secundario que era o que tiñamos agora na man. Foi duro porque entramos na competición tarde, tampouco o formato para nós era favorable. Hoxe con #ANOSAFORZA na bancada e con esa opción de poder conseguir o obxectivo secundario o equipo estivo ben e logrou sacalo adiante".

Pide agora ser "autocríticos e saber que en momentos da temporada non estivemos ben. E o ano que vén preparalo da mellor maneira porque o Club ten outra vez o obxectivo de estar arriba e lograr o ascenso".

Opina que se notou a presenza esta tarde de 5.000 afeccionados nas bancadas de ABANCA-RIAZOR: "Os equipos grandes teñen esa masa social que os diferencia doutros máis humildes. O ano pasado se non ocorre o que ocorre a nivel mundial o equipo sálvase. Levaba unha dinámica moi boa. Eu que vin a xogar aquí en contra en Primeira, co público en contra nótase bastante. Xa o ano pasado botou en falta iso e este ano pasounos. Os equipos máis humildes viñan a ABANCA-RIAZOR e ao final xogar sen público dálles a sensación de xogar os partidos como sempre. Hoxe había 5.000 e notouse. #ANOSAFORZA para nós é un factor diferencial".

Preguntado polo seu futuro, Miku recoñece que "é consciente que o Club ten que tomar decisións. Por min non vai haber problema en ningún sentido. Vin axudar. Eu non me baixo do barco cando as cousas non saen ben ou cando se pon feas. Estou sempre ao pé do canón para o bo e para o malo. Vin cun obxectivo, este ano non se deu, e se deciden contar comigo o ano que vén van ter o mesmo: compromiso, actitude, traballo, entrega... E o desexo sempre de superarme individual e colectivamente".